obradoiro de emprego

renovación urbana e medioambiental cambados cidade europea do viño

QUEN SOMOS?

Somos un colectivo de 20 alumnos/as traballadores/as que está a mellorar a súa cualificación profesional dirixido por un equipo de expertos das especialidades de Carpintería da madeira e Xardinería – forestal e supervisado por un director, unha titora e unha administrativa co obxectivo de conseguir a inserción laboral plena dos participantes.

QUE FACEMOS?

Xunto coa formación específica de cada especialidade, recibimos formación transversal en: orientación laboral, seguridade laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas, informática e internet e igualdade de xénero.
Como complemento a formación e de cara a adquirir experiencia, realizamos diferentes obras de interese común, tales como:

 

1.-Restauración das carpinterías de madeira nos edificios públicos municipais.

2.-Acondicionamento e mellora da senda fluvial na desembocadura do río Umia.

3.-Recuperación e acondicionamento de xardíns no casco urbán.

4.-Aconcidicionamento e mellora da senda e contorno do muíño de mareas da Seca.

5.-Rexenración e acondicionamento das áreas recreativas nos centros socioculturais dos núcleos rurais.

Scroll Up