O Obradoiro de Emprego está dirixido a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 25 e 50 anos. Un dos elementos fundamentais do mesmo e a formación en áreas globais e específicas.
Así os integrantes do mesmo reciben unha formación básica que lles permite reorientar o seu curriculo particular, e en determinados casos, preparar aos alumnos de cara a obtención do título da ESO.
Todos os alumnos que finalicen a formación, acadan unha certificación de idoneidade. Dita certificación permítelles solicitar a convalidación de certos módulos dos Ciclos Formativos, o que lles garante un acceso aos mesmos, así como o recurte do plan de estudios en preto dun 25% das asignaturas. Grazas a esta solución máis dun 30% dos alumnos que cada ano rematan un obradoiro optan por continuar estudios de ciclo.
O presente obradoiro conta coas especialidades de Carpintería da madeira e Xardinería-Forestal. 20 foron as/os alumnas/os seleccionados que desenvolveron o programa plantexado á hora de solicitar o Obradoiro, e que lles vai permitir acadar a práctica e formación necesaria para sair coa capacitación laboral necesaria, e en moitos casos, lle permitirá reorientar a súa demanda laboral.
O Obradoiro de Emprego está dirixido a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 25 e 50 anos. Un dos elementos fundamentais do mesmo e a formación en áreas globais e específicas.
Ademáis os alumnos contribuiron a adecentar o ornato en edificios de carácter público. Así durante preto dun mes estiveron arranxando toda a carpintería de madeira da Casa Consistorial.
Adecentarion tamén prazas coma a de Beleco para a que deseñadon, crearon e montaron diversas zonas para “humanizar” esta praza de recente construcción.
Outra das actuacións realizadas polo Obradoiro foi a dotación de composteiros en zonas comúns. Nos xardíns de Os Olmos-Santa Margarita, ubicáronse estes elementos de tratamento sostible de refugallo, dotándoos de elementos que melloran a súa visualización.
O Parque de Torrado é tamén un elemento de constante atención. Ó se-lo parque central do municipio fai que milleiros de persoas pasen polo mesmo a desfrutar do lecer no fin de semá ou os centos de nenos que cada día xogan e aprovéitanse das instalacións deportivas coas que conta. Nin que dicir ten que o seu mantenemento é fundamental para seguir permitindo a cambadeses e turistas contar con esta área de referencia.
O pasado xoves, 19 de xullo, tivo lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Cambados, o acto de clausura do Obradoiro de emprego.
Durante estos 9 meses, os alumnos desenvolveron unha formación teórico-práctica que os levou a acadar os obxectivos inciais do mesmo.
Entre a impronta que deixarán entre nós, atópanse as obras realizadas así coma o mantenemento, adecentameto e ampliación da zona de lecer á beira do río Úmia.
A todos eles, dende esta páxina agradecerll-lo traballo e esforzo feito, e desexarlles o mellor, neste caso unha pronta incorporación ao mercado laboral, que de seguro sabrá valorar a aprendizaxe recibida no obradoiro.
© 2018 - Obradoiro de Emprego
"Renovación Urbana e Medioambiental Cambados Cidade Europea do Viño "
by rDesigners 2018