obradoiro de emprego

renovación urbana e medioambiental cambados cidade europea do viño

RUTA INTERACTIVA

42.501912,-8.806052

Ponte de A Barca, comezo da ruta a pé do río Úmia.
42.504649,-8.802690

O esteiro do Úmia é empregado por unha gran variedade de especies, tanto de paso coma de estadía. Grazas ás súas condicións de salinidade convértese nun lugar aproveitado por garzas, garcetas, espátulas, limícolas… para repoñer forza de cara ao salto que darán rumbo a África (no inverno) e a latitudes norteñas no verán.
42.505580,-8.800457

Árbores de ribeira. As ribeiras do río Úmia atópanse ateigadas de pequenas extensións de bosques de ribeira onde abundan dende salgueiros a chopos, avelaneiras e outras árbores adaptadas ás condicións de humidade e enchentas do Úmia en épocas invernais.
42.505383,-8.796617

Punto de observación de flora endémica típica das marxes dos ríos que en ocasións atópanse “a monte”.
42.504922,-8.790544

A medida que nos separamos do estiario as especies que van aparecendo nas marxes do río Úmia van variando. Así aparecen especies máis adaptadas a zonas húmidas ou permanentemente asolagadas coma é o caso dos salgueiros.
42.501729,-8.787379

A flora asilvestrada é unha característica das marxes dos río no seu tramo final, preto da desembocadura. Algunha destas especeies son aproveitadas na meinciña natural, outras pola contra ao seren especies de tempada, enchen os campos conformando un espectáculo incríble.
42.501623,-8.780413

A medida que nos separamos do estiario as especies que van aparecendo nas marxes do río Úmia van variando. Así aparecen especies máis adaptadas a zonas húmidas ou permanentemente asolagadas coma é o caso dos salgueiros.
42.502235,-8.777587

Se a ruta comezaba nunha ponte, esta, remata tamén noutra. Tras percorrer preto de 3 kilómetros pola beira do río, a ruta abandona o río para adentrarse na veciña parroquia de Vilariño no Lugar de Cobas de Lobos.
42.505084,-8.806080

A Laxe Malladeira é un accidente natural que se atopa na parte sur leste do Pinar do Rei. É unha gran laxe empregada hai moito para mallar o centeo en épocas de recollida. Dende a mesma podemos observar o río Úmia no tramo anterior á Ponte de A Barca.
42.503466,-8.8054015

A unha altura de 70 m. sobre o nivel do mar atópase este miradoiro, ubicado nun rochedal a carón dunhas carqueixas. Dende o mesmo, nun día sen brétemas, podemos observar unha panorámica de toda a Ría de Arousa, así coma o esteiro do Río Úmia.
Scroll Up